ACTIVACIÓN MATINAL: HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE


 Hoxe comezamos unha nova actividade no cole:  
ACTIVACIÓN MATINAL!
Que queeeeeee?!!
Pois iso, que decidimos empezar a mañá cuns estiramentos que axudan ao noso corpo e á nosa mente a comezar o día. Só cinco minutos, con música relaxante, todos xuntos no corredor das aulas, guiada polos profes Ramón e Fran, e xusto antes de dar comezo á HORA DE LER. 
QUE MELLOR FORMA DE ESTAR EN FORMA? 
Isto é o que se chama un complemento ideal ás nosas merendas saudables,
un complemento ideal para o noso proxecto de 
NUTRICIÓN E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES!!
QUEN MÁIS SE APUNTA?
ISTO NON FIXO MÁIS QUE EMPEZAR
ÁNIMO, E A ESPERTAR O CORAZÓN E O COCO!


Comentarios