Os nenos e nenas de 3º e 4º están a traballar a alimentación saudable.
A RODA DOS ALIMENTOS sérvenos para agrupalos e recordar así as súas propiedades.
Unha forma de organizar o seu traballo e os coñecementos adquiridos despois de investigar sobre os diferentes alimentos.
En quinto e sexto, aproveitando a lectura de etiquetado, revisamos a cantidade de azucre de
certos alimentos mooooi doces.
Sabedes quen gaña?
Pois colocáronse pola orde que consideraron, de máis a menos: Unhas boliñas de chocolate con arandos, uns barquillos de turrón, unhas galletas de "regaliz", un cacao soluble e uns bombóns...
E logo tiveron que se recolocar unha vez comprobados os valores... Teriades ordenado así estes cinco produtos de menos amáis azucre?!!!
Comentarios
Publicar un comentario