RECANTO ARGALLEIRO DA BIBLIOTECA

https://photos.app.goo.gl/TBKik3wKjrG3vNK58
Como sabedes, levamos un tempo traballando na creación do RECANTO ARGALLEIRO da BIBLIOTECA. A uns primeiros e tímidos pasos (xa hai algúns cursos), coa incorporación das lupas binoculares e o material para facer algunhas creacións con papel, seguiron (o curso pasado) outras propostas máis ambiciosas, entre elas, o noso MERCADO DE CHISPA! Este curso démoslle forma definitiva a este novo espazo, pero tamén ampliamos e creamos outros: ampliamos o espazo dentro da propia Biblioteca e engadimos o adicado ao Croma. Nesta entrada pretendemos resumir o que, ata o momento, dá forma a este novo enfoque educativo co que tentamos achegar unha aprendizaxe transversal, contextualizada e significativa no que a manipulación cobra especial sentido. Sóavos STEAM? Sciencie, Technology, Engineering, Arts and Mathematics. 

 * O Recanto Argalleiro dentro da Biblioteca
PARA CONSTRUCIÓN:
-Pezas de construción LEGO
-Unha mesa para a montaxe das construcións LEGO con seis "tapetes"
-Pezas de construción LEGO DUPLO, para os máis pequenos
-Unha mesa para a montaxe de construcións LEGO DUPLO
-Bloques de construción magnéticos: Leehur, Geomag e Magtastix
REALIDADE AUMENTADA:
-Hiperenlaces (Uso de códigos Qr, estáticos e dinámicos)
-Realidade aumentada baseada en marcadores - "Merge Cube" e -APPs comaChromville, Barcy, Quiver...
-Realidade aumentada sen marcadores - Uso da aplicación HP Reveal
-Catro tabletas
ROBÓTICA:
-Robot Doc (Clementoni) 2 unidades
-Robot Mind Designer (Clementoni) 1 unidade
-Escenarios divididos en cadros de 15 x 15cm
-Modelos transparentes de metacrilato divididos en 15 x 15cm
-Taboleiro para o chan de 1,5m de lado - dez casiñas de lado
PROGRAMACIÓN:
-Kit Ultimate Starter para Arduino uno 
-Ordenador portátil
OUTROS:
-Lupas binoculares e resinas con cunchas e insectos para observación
-Monicreques
-Kamishibai
-Material de escritura e debuxo
-Material diverso de traballos manuais: tesoiras, cinta de embalaxe, aillante, carroceiro, pegamentos, pistola de pegamento termofusible, ...
-Materiais de refugallo
https://photos.app.goo.gl/rdmYyHrzUXtUggPN8
TRABALLANDO CO ROBOT DOC E REALIDADE AUMENTADA

  *O Recanto Argalleiro fóra da Biblioteca
ESPAZO CROMA:
-Tea de 3 x 6m
-Tea de 3 x 3m para cubrir elementos de decorado
-Luvas
-Dous focos 
-Webcam
O MERCADO DE CHISPA:
-Realidade aumentada - Camiseta Body Planet (Aparello dixestivo e circulatorio)
-Alimentos de lá para manipulación
-Robot Doc (2 unidades) e distintos taboleiros de 15cm (Nutrición, matemáticas, linguas...) relacionados co mercado

Comentarios