O FROITÓMETRO

Xa sabedesque este curso puxemos en marcha o FROITÓMETRO, valorando a froita que se comía durante as merendas. Tivo moi boa aceptación e, entre outras cousas, foi unha oportunidade para que unha parte do alumnado abandonase outro tipo de alimentos non saudables. Tanto Froitavén coma o Froitómetro propiciaron un maior consumo de froita ao tempo que facilitaron que algúns nenos e nenas probasen certas froitas por primeira vez, descubrindo que LLES GUSTABA!!!
Como vedes no DIPLOMA, 5º e 6º foron uns auténticos campións; os primeiros en chegar ás 500 froitas. De premio, unhas lanternas de cabeza e ... ta, ta, ta, chaaaaaaan: UNHA MACEDONIA!





Comentarios