UN APICULTOR NA CLASE PARA SABER MÁIS SOBRE AS ABELLAS E O MEL

https://photos.app.goo.gl/uC2pnvQArDiN9EH29
O 12 de xuño os Rebuldeiros tiveron unha visita moi especial, nin máis nin menos que un experto en abellas! Esta visita celebrouse debido a que o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria estudaron o marabilloso mundo das abellas.

Ampliaron e descubriron, grazas a Manolo Fernández, un pouco máis sobre estes insectos considerados como os axentes polinizadores máis relevantes do ecosistema.

Comezaron a visita cunha breve exposición, contándolle a Manolo o investigado e aprendido para posteriormente realizarlle algunhas preguntas, como por exemplo: por que decidiu ter colmeas, cantas ten e onde, canto tempo lle dedica ao coidado das abellas así como por que as abellas obreiras morren cando pican ou que pasaría se unha abella entra nunha colmea que non é a súa.

Pero o máis relevante para os Rebuldeiros foi cando Manolo lles mostrou un panal encerado con mel. Aí os sentidos dos nosos nenos/as disparáronse!! Puideron tocalo, ulilo e probar o mel. Sen dúbida, un momentazo! Non eran capaces de parar de comer mel! Menudos larpeir@s!

Rematando a visita, Manolo agasalloulles aos nosos Rebuldeir@s unha candea de cera e un tarriño de mel. Pero non un mel calquera senón o mel gañador do I Premio da Casa do Mel de Goente do ano 2018.

Dende aquí, agradecer enormemente a súa visita e agardamos que non sexa a última.

Comentarios